Comentario de Adrián Mato O libro das viaxes imaxinarias
Xabier Docampo
Xerais
Deste libro lamento dicir que me aburriu un pouco, porque
faise pesada a sucesión de distintas historias sen ningunha relación coa
anterior, excepto o feito de ser cidades e empezar case todas por A. Para min o
autor había de elixir unhas poucas desas cidades e centrarse un pouco máis en
cada unha, non só dicir a particularidade que as diferenza das demais. Crear unha aventura ou cando menos que o
protagonista non só narre, senón que participe na historia.
Podo salientar Asiral
( páx. 141-151), que excluíu desta miña
primeira reflexión, pola razón de que si se desenvolve unha trama na que o
protagonista de verdade se ve envolto nun problema. Para min ese é o modelo que
deberían seguir as demais viaxes.
Unha vez dito isto, en si as viaxes non estaban mal,
mais como ven dixen non debían ser tan curtos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario