17/01/15

Irmán do vento

Comentario de Noelia Blanco


Irmán do vento
M. Lourenzo González
Xerais




Na miña opinión é un libro moi interesante, xa que nos mostra unha historia moi diferente a nós e á nosa forma de vivir. Gustoume moito o sentimento que lle soubo pór o autor, M. Lorenzo Glez, que tan ben nos transmite esa vida. Grazas a iso, adentreime moito no libro e nos papeis dos personaxes. Con todo isto, dános unha boa lección de vida e fainos saber que, por moito que algúns queiramos e non teñamos, somos uns afortunados por ter familia, amigos, paz e vivir no país que vivimos. Vexo con que pouco se conformarían, por exemplo, moitos nenos iraquís e é asombroso.
 

1 comentario:

  1. Laura García Moldes7 de xuño de 2015, 18:38

    Gústame a estrutura do libro, que aparezan partes de carta e que haxa distintos narradores. É sinxelo de ler porque o seu vocabulario non é moi complicado.
    Ten unha historia triste e tráxica, é moi entretida e ten un bo argumento, a pesar de tratar dunha época tan dura. O meu personaxe favorito é Khaled, paréceme un rapaz inocente, cun talento para a escritura e bo corazón; encantoume o xesto de enterrar ao seu pai cerca da súa xente, pareceume unha boa forma de despedirse del.
    Tamén é interesante que mostre como vive unha tribo. Isto fai que que nos acheguemos ao sufrimento das persoas que viviron esas guerras.
    O seu escenario non é o dunha gran cidade, senón que son sitios coma Bagdag e Iraq que ao estar en guerra tiña aínda unhas peores condicións. Tan malas, que persoas como a nai de Khaled morreu por unha simple gastroenterite.

    ResponderEliminar