Comentario de Noelia Blanco

Unha estrela no vento
Ledicia Costas
Xerais
Elexín este libro como optativo porque me
gustou moito Ledicia Costas, a escritora, no anterior libro que lin "O
corazón de Xúpiter".
Nesta novela enganchan moito máis os sucesos do principio e do final que os do resto do libro. Boto de menos máis intriga pola metade, xa que o das páxinas centrais pareceume moi monótono. A pesares diso, " Unha estrela no vento" non me decepcionou en absoluto.
A vida do protagonista é indesexable para calquera persoa, pois non é fácil debido ós problemas, tanto familiares como con xente do pobo. Pareceume un exemplo a seguir o feito de que o protagonista non tivera prexuízos, despois do que lle pasou.
Sentín admiración e pena ó mesmo tempo, cando Abel lle pediu ó curmán ir ó lugar do conflito, a pesar da súa discapacidade para así, dalgunha maneira defendelo.
Como conclusión, é un dos libros que me gustou ler e lle recomendo a calquera público.

1 comentario:
Esta historia enganchoume moito ó principio da mesma para ver o que lles sucedían ós persoaxes na que se mezcla acción, intriga, amizade, amores... etc. sobre o que ha de suceder no desenlace da historia.
Esta autora paréceme moi particular, xa que sempre vas ter que esperar ó final da historia para saber o que vai suceder, pero con ela nunca se sabe o que pode pasar.
Tamén atopamos rasgos característicos dalgúns alumnos rebeldes que lle poden ter manía a un profesor ou profesora e que desexarían que desaparecesen da súa vida e poideran vivir en paz.
Fala, por outra banda, dos amores entre o protagonista e unha rapaza xitana; así como un neno con deficiencias que se evidencian polo seu tatexo.
É unha boa historia que recomendo a todos os adolescentes porque ten rasgos nos que poderiamos estar identificados.
Publicar un comentario