08/12/14

Unha estrela no vento

Comentario de Montse Vázquez Fraiz



Unha estrela no vento
Ledicia Costas
Xerais




O libro "Unha estrela no vento." gustoume, porque trata sobre un tema de rapaces da nosa idade máis ou menos.
Gustoume cando Miguel se namora de Reina, e lle dá igual que sexa xitana.
O Bruto e os seus amigos, pasáronse bastante. E o de que o Maqui se unise ao outro grupo... non me pareceu ben que fixese iso.
O libro gustoume principalmente porque trata de cousas que lle poden pasar a calquera rapaz...

Felicitacións a escritora, un gran libro.
 

1 comentario:

  1. Ecollín este libro optativo porque me gustou moito como escribe Ledicia Costas cando lin "O corazón de Xúpiter".
    Este libro enganchoume moito porque son cousas que ocorren con moitos adolescentes e iso de pelexar non esta ben, e tamén que Miguel non discriminara a Reina por ser xitana. Por outra parte o de que Maqui se unese ao grupo de Bruto non me gustou moito.
    A actitude de Abel emocionoume xa que ir con el para enfrentarse a Bruto e defendelo a pesar da sua minusvalia e de admirar.
    Eu recomendarialle a calquera tipo de público que lese este libro xa que esta moi ben.

    ResponderEliminar