
Unha estrela no vento
Ledicia Costas
Xerais
Esta obra de
Ledicia Costas teño que dicir que me encantou. Penso que trata un tema
moi importante coma é a amizade e penso que é un tanto
tráxica con respecto ao que lle acontece a Abel e a malleira que recibe o
pobre Miguel. Cando ía lendo pola metade do libro estaba a imaxinarme ao
Bruto unha persoa horrorosa e ao mesmo tempo moi violenta, pola que sentía gañas de entrar na historia e
dicirlle unhas cantas cousas .
Quizais a
parte máis entretida que pode posuír este libro son as conversas que manteñen
Miguel e a súa profesora de literatura.
Recoñezo que
a actitude de Miguel foi a máis acorde con todo o ocorrido aínda que el pense
que non, defender a Reina por ser xitana, ao seu curmán Abel por posuír unha
parálise e o moito que lle axudou a súa nai despois de todo o que lle acontece penso que é un bo
comportamento do cal podamos extraer algo como reflexión.
Este libro gustoume moitísimo, sobre todo porque demostra que os adolescentes podemos cambiar o noso xeito de pensar e temos sensibilidade. O que máis me gustou foi o persoaxe de Abel, porque espertou moitos sentimentos en mis, sobre todo tenrura e por suposto pena. Produciume unha gran tristura o abandono por parte do pai...a verdade é que me fai ver a sorte que podemos ter quen temos a nosos pais pendentes de nós...este libro, de momento é o meu favorito, volvería a lelo se ningunha dúbida. Grazas por recomendalo!!
ResponderEliminar