ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

08/12/14

Unha estrela no vento

Comentario de Ánxela Barrio Varela



Unha estrela no vento
Ledicia Costas
Xerais



Este libro gustoume moito, trata temas que lles pode ocorrer a calquera adolescente, como as pelexas ou os amores.
Pareceume moi ben por parte de Miguel que non discriminara a Reina por ser xitana, non como fixo Marta que a desprezou só pola súa roupa ou Maqui, pola súa raza xa que isto é algo que pasa a diario só por ser de diferente raza ou relixión.
Eu opino que a pelexa non debería ser tan agresiva, chegaron a uns extremos moi perigosos e o que fixo Maqui estivo moi mal, creo que o final debería ser máis feliz.
Volvo repetir, ao igual que no “Corazón de Xúpiter” que este é un libro que sempre me tivo intrigada, cada vez quería ler máis e máis para saber o que lles ocorrería aos personaxes.

1 comentario:

Nerea Álvarez dixo...

Este foi un dos libros que máis me gustou debido a que encántanme as historias de amor como a do protagonista e a xitana.
Este libro ilustra moi ben o mal que se sinte unha familia ao ter que superar unha serie radical de cambios na súa vida.Eu penso que o protagonista é o mais forte da familia porque ten que enfrentarse ao seu pai despois de haber estado ingresado pola paliza que recibiu,e aínda por riba ten que afrontar que os seus tíos morran nun accidente e que o seu primo Abel ten que vivir con eles.
O que máis me gustou desta historia foi como o protagonista ,a pesar das súas condicións de saúde neses momentos,se enfrenta aos novos cambios da súa vida e en todo momento está disposto a axudar a súa nai co engano do seu pai.
O que me impresionou máis é como a pesar das súas situacións está completamente disposto a axudar á pobre xitana que vai sempre polo bar onde está él ,e sempre a intenta axudar de todas as maneiras ata que se vai como namorando dela.
Este é un dos libros que máis me gustou porque está moi reflexado como sofre e como o fan sufrir,que é o que soe ocurrir na actualidade.