16/05/14

Rebeldes

Comentario de Laura Presas Mato



Rebeldes
Susan E. Hinton
Alfaguara



Este libro trata dos problemas da adolescencia, de como podemos chegar a casos extremos, de como Bob e Randy que estaban enfadados e borrachos agarran a Pony e case o afogan na auga porque estivo ligando coa moza dun deles e Johnny tremendo sacou unha navalla que levaba dende a última vez que o atacaran e matou a Bob.
Neste libro atópome tantas cousas desta etapa que non imaxinaba, non pensei que a adolescencia fose unha etapa así, si, temos moitos cambios de actitude, pero chegar a afogar a unha persoa por ligar coa túa moza paréceme algo moi precipitado cando sempre se pode recurrir a falar con ela. A verdade gustoume o libro xa que ao atoparme nesta etapa con el puiden recibir unha pequena advertencia dos perigos que conleva a adolescencia e tamén me percatei dos extremos aos que podemos chegar as persoas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario