19/05/14

Penúltimas tendencias

Comentario de Carla Filloy


Penúltimas tendencias
Carlos Negro
Xerais
 

Penúltimas tendencias foi un libro que me sorprendeu  positivamente, xa que tiña a poesía un pouco de  lado e despois de sumerxirme na súa lectura probablemente a comece a ver doutro modo.
Nel Carlos Negro fai unha crítica do mundo actual da man dunha moza  que non se deixa levar polas modas e estereotipos impostos pola maioría da sociedade, pasando por mozos, roupa e mesmo televisión.
É moi doado de ler grazas ao seu vocabulario coloquial e facilidade de meterse na pel da rapaza.
Resultou moi do meu agrado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario