13/05/14

Penúltimas tendencias

Comentario de Rebeca Vilanova


Penúltimas tendencias
Carlos Negro
Xerais
 


Este foi o primeiro libro de poesía que lin, e non me disgustou para nada, todo o contrario, gustoume moito. Gústanme este tipo de libros, graciosos e entretidos. Non me gustan moito os poemas de amor, porque non me resultan divertidos, e fánseme moi longos. Este foi moi fácil de ler, e moi rápido, foi un empeza e non parar. Gústame como Carlos Negro describe a esta sociedade na que vivimos e non lle falta razón. Definitivamente é un libro que aconsello ler.

Ningún comentario:

Publicar un comentario