Orixe
Séchu Sende
Galaxia
Mario Negro espertou no hospital, atopárono inconsciente nunha praia. Ten
vertixe, todo lle dá voltas. Unha enfermeira chamada Laura axúdao na
rehabilitación. Pouco a pouco, namóranse. Un día a Mario déronlle a alta no
hospital e foi vivir con Laura. A vida de Mario é unha loita diaria contra a súa
enfermidade pero non logra a curación, os médicos non saben de onde vén o
problema.
O que máis me gustou foi o personaxe de Laura, a súa fouteza, como
axudaba a Mario na vida cotiá: acompañábao en paseos, líalle historias que ela
escribía no seu diario, sobre todo a do traxe do apicultor, que era unha
maneira de expresar o seu desacordo contra a ditadura. Mario pouco a pouco foi
perdendo as forzas para loitar pola súa saúde ata que morreu. É incrible a
forza e a vontade que ten Laura para saír adiante, as ganas de comer o mundo,
pese ás labazadas que lle dá a vida. Ela levántase unha e outra vez e non se
deixa derrotar. É unha lección de valentía e coraxe a que nos ofrece este
libro, gustoume moito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario