Comentario de Mª Eugenia Gil Pallares
Tristes armas
Marina Mayoral
Xerais
Tristes armas, libro fermoso mírese por onde se mire. E sen
lugar a dúbidas, dos mellores libro que lin. Libro triste, pero tamén con seus
momentos alegres. Libro que a máis de un xa fixo chorar. Este libro conta varias
historias á vez, pero todas cun mesmo inicio e todas enlazadas. Conta a
historia de como dúas rapazas pequenas teñen que marchar a Rusia debido á
guerra que había en España. Conta como estas rapazas crecen sen saber nada de
súa nai e de como pouco a pouco van crecendo e cumprindo os seu soños. Tamén
conta como a súa nai tenta localizalas, como marcha para Arxentina e como dende
alí marcha cara a Estados Unidos. Pero a historia máis bonita é a da carta. Unha
inocente carta que envían Harmonía e Rosa e que nunca chega ao seu
destinatario, rematando anos despois nas súas mans de novo. Libro precioso que
ten un 10 ben merecido. Libro que me enamorou.
Ningún comentario:
Publicar un comentario