12/04/14

Made in Galiza

Comentario de Patricia Lázara Framiñán

Made in Galiza
Séchu Sende
Galaxia
 
 
Este libro conta con corenta e dous relatos nos que fai unha defensa da lingua galega. A verdade é que a min gustáronme algúns relatos e outros parecéronme aburridos, por exemplo, "Falar" é o relato que introduce este libro e, realmente gustoume a forma na que denuncia como os pais lle falan castelán os fillos pero entre eles falan galego; pero, por outra parte, "SSSSSH" pareceume bastante aburrido polo feito de ter tantas onomatopeas xa que, para min, fai que a protagonista teña un carácter débil, retraído e como demostrando que non lle gusta a presenza de ruído ao seu arredor. Relatos como "os homes das sulfatadoras" parecéronme demasiado pequenos e sen substancia, é decir, sen intención e fóra de lugar. 
Recomendaríallo as persoas que non tivese moito tempo para ler pero que lle gustase. 

1 comentario:

  1. Rocio Souto Presedo3 de maio de 2014, 18:32

    Este libro é unha honra para a lingua galega.Xa que hai que ter en
    contaque a sociedade do momento non a está a usar moito,porque tira
    para o castelán.Este libro gustoume pois honra a lingua na que eu e a
    miña familia falamos.

    ResponderEliminar