Comentario de Aida VilariñoTodo é silencio
Manuel Rivas
Xerais
A historia ten lugar en Brétema, na costa Atlántica, onde domina o
contrabando galego e ten lugar unha amizade entre tres nenos (Fins, Brinco e
Leda) que pertencen a bandos opostos e se acaban convertendo en
narcotraficantes ao mando de Mariscal, o maior capo contrabandista.
A historia fíxoseme curta, gústanme as historias de acción e misterio, por
non falar das historias de narcotráfico, parécenme moi interesantes.
O final non me gustou demasiado pero en xeral o libro pareceume
interesante, cando comecei a lelo pensei que me ía arrepentir de haber elixido
este libro entre outros moitos de Manuel Rivas pero canto máis lia máis me
gustaba. Quizais non sexa un dos mellores libros que lin pero penso que paga a
pena lelo.
É o primeiro libro que leo de Manuel Rivas e espero ler algún máis como por
exemplo "As Voces Baixas".
Ningún comentario:
Publicar un comentario