07/03/14

Servicio de urxencias

Comentario de Martín Villar Gil


Servicio de urxencias
Suso de Toro

Xerais
 
 
 
Este libro pareceume o máis divertido que lin. É, sen dúbida, un libro cunha linguaxe sinxela, fácil de ler, e breve; xa que, nalgunha das quince comedias, pasábaseme o tempo voando. O único que non me gustou foi o lugar onde acontecen as historias, para min o feito de que todo se dera no hospital quitoulle algo de dinamismo ao libro. Pero pese a iso, é moi cómico e fixome rir moito, sobre todo cando o mozo de Encarna se namora dunha vaca, ou cando Paulino confunde as radiografías e lle comenta ao home como ten que coidar ao bebé. No libro, ao meu parecer, dáse unha clara crítica aos hospitais pola maneira de atender aos enfermos, e polo de ingresar tamén a xente que non está enferma. En fin, o libro gustoume moito e gustaríame ler máis libros así de divertidos.
Eu recomendaríalle este libro a calquera persoa que lle guste ler, de seguro que botará unhas gargalladas.
 

1 comentario:

  1. Noelia Sampayo Iglesias11 de marzo de 2014, 17:18

    . Este libro gustoume moito xa que me gustan os libros de humor, e este está reflexado conmigo. É recomendable para todos os mozos e mozas aos que lle guste o humor nos libros.

    ResponderEliminar