Comentario de Martín Villar Gil
Servicio de urxencias
Suso de Toro
Xerais
Suso de Toro
Xerais
Este libro pareceume o máis divertido que lin. É, sen dúbida,
un libro cunha linguaxe sinxela, fácil de ler, e breve; xa que, nalgunha das
quince comedias, pasábaseme o tempo voando. O único que non me gustou foi o
lugar onde acontecen as historias, para min o feito de que todo se dera no
hospital quitoulle algo de dinamismo ao libro. Pero pese a iso, é moi cómico e
fixome rir moito, sobre todo cando o mozo de Encarna se namora dunha vaca, ou
cando Paulino confunde as radiografías e lle comenta ao home como ten que
coidar ao bebé. No libro, ao meu parecer, dáse unha clara crítica aos hospitais
pola maneira de atender aos enfermos, e polo de ingresar tamén a xente que non
está enferma. En fin, o libro gustoume moito e gustaríame ler máis libros así
de divertidos.
Eu recomendaríalle este libro a calquera persoa que lle guste
ler, de seguro que botará unhas gargalladas.
. Este libro gustoume moito xa que me gustan os libros de humor, e este está reflexado conmigo. É recomendable para todos os mozos e mozas aos que lle guste o humor nos libros.
ResponderEliminar