13/03/14

Que me queres, Amor?

Comentario de Álvaro Villar Ferreiro



Que me queres, Amor?
Manuel Rivas
Galaxia
 

Cando escribes un libro que recolle distintos contos arriscaste a que á xente non lle gusten todos os relatos. Isto foi o que me pasou a min con este libro. Que me queres, amor? non conseguiu engancharme o suficiente, xa que aínda que algúns contos me gustaron, outros non. 

Sen dúbida o conto que mais me gustou foi A lingua das bolboretas. Este conto amosa perfectamente a dureza da vida durante a Guerra Civil Española, un claro exemplo da dureza da vida durante esta época é a do pai de Pardal; que se ve obrigado a cambiar  de ideoloxía para conservar a súa vida.
Outro conto que me gustou foi O míster & Iron Maiden, porque no principio deste relato fálase de fútbol e da maneira de vivilo.

O conto que menos me gustou  foi A luz da Yoko  xa que foime difícil de ler. 

Despois de ler este libro teño claro que os libros que recollen contos non son os meus preferidos, xa que neste tipos de libros podes pasar de un conto que che encanta a un que non che gusta nada.  
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario