06/03/14

O heroe



Comentario de David Cabaleiro


O heroe        
 
Manuel Rivas
Xerais


Despois da entrega de Os libros arden mal, o escritor coruñés Manuel Rivas dá a coñecer a súa peza teatral e outra gran obra de arte, O heroe. Trátase da figura imprevisible e audaz dun ex-lexionario e ex-boxeador que loitou por Franco na secreta Guerra de Sidi Ifni, pero que ao regresar soamente atopou morte e sombras que lle fixeron preguntarse se vale a pena sacrificarse pola tiranía. Así, e tras atopar en Lucía unha verdadeira compañeira sentimental, comeza a descubrir un mundo paralelo que xamais imaxinara: o da dúbida, a palabra, o amor, o temor…

Custoume moito entender esta obra. Quizais non foi moi acertado pola miña parte escoller un libro tan complexo en canto á súa mensaxe. Aínda así, pareceume moi realista, entretida, cargada de emoción e, sen dúbida, instrutiva. Grazas a ela aprendín moitas cousas novas con respecto a como se vivía naqueles tempos, e a inxustiza que había. Unha das personaxes que máis me gustou e que me pareceu máis relevantes dentro da obra é “Medias Vermellas”. Parece rara, porque fala unicamente con onomatopeas e de forma inconexa, pero o que narra é a verdade: a traxedia, o álxido pensamento da sociedade e a morte oculta tras as palabras.

Quero encomendarlle este libro aos lectores con máis idade e experiencia, pois non é fácil de entender nin interpretar, polo que á xente xove non lles resultaría unha lectura satisfactoria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario