14/03/14

Isto é un poema e hai xente detrás

Comentario de Sonia Troitiño Loureiro





Isto é un poema e hai xente detrás
Lucía Aldao
Espiral Maior






Que dicir deste libro, que con só ler os primeiros versos xa me tivo permanentemente atenta e enganchada.
Isto é un poema e hai xente detrás é un conxunto de poemas escritos por varios poetas e onde se atopa un chisco da mellor poesía galega, como Lucía Aldao, Brais González, Ledicia Costas, Alberte Momán e Verónica Martínez. Pero eu centreime nos primeiros poemas. Nos poemas de Lucía Aldao.
É a primeira vez que leo algún libro desta poeta, e quedei moi contenta coa súa escritura. Realmente, cando acabei de ler o primeiro poema, sabían que me gustarían os que me esperaban por ler. E en efecto, quedei namorada con seus poemas, con cada verso, con cada palabra, con cada sentimentos…. Os poemas de Lucía Aldao son un conxunto de amor, cariño e sobre todo paixón. A min chamoume moito a atención a súa maneira de transmitir os seus sentimentos, e recoméndolle a calquera que se ten un anaco de tempo libre se anime a ler este libro. Seguro que non vos defrauda.
Ademais podo dicir que este é un dos mellores libros de poesía que lin ata agora. Hai un poema en especial, que a min me gustou moito. Non sabería dicir cantas veces o lin, nin cantas veces o recitei.

Chágoche en taxi (iso é amor)
a plantar a miña tenda de campaña no teu pazo,
a roubarche corazón e cama
na túa casa de múltiples y frágiles cerraduras
Veño con caixas cheas de paciencia
e con camións cheos de caricias
e buques a rebentar de medo…
e coa seguridade de non ser un máis
porque son unha (uf…)
o cal resulta moi simpático se non temos en conta
que temos tantos problemas coma “tequieros”
pero eu ámote ( iso é amor) a pesar do teu gen rabudo,
porque xa me gustaches sempre
                   e agora non ía ser menos
porque aplaudes a miña estrutura ósea
e o ángulo que se me forma co nariz e a boca.
Fasme guapísima.
Quérote polo teu corpo e porque atada a ti
Aprendo cousas boas de xente libre.
Que contradición.
-Que facemos, king-kongciña
Non se erguen rañaceos a base de bicos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario