Caixón desastre
Suso de Toro
Xerais
Dado que se trata un libro de relatos, non
podo dicir se o libro me gustou ou non, xa que ten relatos que si, e relatos
que non.
O que máis me gustou foi un relato moi curto,
titulado "simio", o cal son apenas 3 liñas, pero que, a verdade, nun
momento de baixón sacoume un sorriso.
Pola outra banda, algúns relatos, como pode
ser "De como lle falou a Lebre" que, a pesar de lelo 1, 2 ou 3 veces,
no acabo de entender.
É un libro que recomendaría para ler nos bocados
libres, cando non tes nada que facer. Non vexo esta lectura como algo que debas
ler todos os días.
Ningún comentario:
Publicar un comentario