Aire negro
cóntanos como o doutor Moldes consegue unha praza nun hospital psiquiátrico
chamado Beira Verde. O seu xefe, o doutor Montenegro, proponlle curar a Laura
Novo, unha paciente que xa levaba internada tres meses e aínda non atoparon o
que lle pasa. Laura bota o día escribindo o seu nome e non fala con ninguén.
Pouco a pouco o doutor Moldes consegue que a paciente confíe nel e Laura comeza
a recordar todo o que a levara á loucura e comeza a escribilo. Este é o
momento no que aparece relatada a Gran Besta, que vai facer que o doutor Moldes
empece a crer en cousas máxicas. Este libro lese realmente rápido, xa que é
curto e engánchaste rapidamente. Recoméndollo a todas aquelas persoas que lle
gusten os libros de misterio.

Ningún comentario:
Publicar un comentario