11/02/14

Unha rosa é unha rosa

Comentario de Minerva Malho


Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais

É unha comedía de medo aínda que hai escenas de humor. É un libro interesante, humorístico e con intrigas. A min gustoume porque pasan cousas que na vida real ocorren, o feito de que os dous sobriños da vella Rosa se queiran quedar con todo e lle fagan asinar un testamento conforme lle deixa a herdanza a eles, coa condición de que a teñan que repartir coa filla doutra sobriña, que morrera e que agora a rapaza estaba nun hospicio. E eles prométenlle que así o van facer e mátana  antes para quedar con todo. Unha cousa que non me gustou foi a vinganza da vella Rosa, tiña razón en vingarse e defender a rapaciña pero había outras formas. Pero para que vexamos a mala que pode ser a xente ...
 E o que fai máis interesante é que a vella Rosa esta vendo na televisión a telenovela  de Colombo, e é o mesmo que lle está pasando a ela. En xeral a min  gustoume moito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario