A historia non comezou moi ben para min, primeiro a
portada non me dixo "Leme" e custoume comezar, pero unha vez que
comecei en dúas horas o libro estaba lido; eu considérome un bo lector e teño
lido "bastantes libros" pero este é máis complicado de opinar sobre
el porque toca todos os temas que enganchan, relatos dunha dureza importante,
relatos moi agradables, ata ten algún cun chisco de humor, e sen dúbida o meu
favorito é "A lingua das bolboretas": xa vira a película, pero o libro é mellor, porque falanos da tenrura da infancia unida a outra
xeración pola curiosidade do mundo animal e destruída pola crueldade desa
época.
Outro dos relatos que me gustou foi "Qué me queres, amor?" que lle
dou o título ao libro e no que conta a súa historia de amor despois de falecer
nun atraco frustrado, e cando ao final descubro que o protagonista morreu
deixoume medio parvo porque o único que o facía vivir era unha muller.
En xeral o libro gustoume bastante, uns relatos máis ca outros como é
obvio, pero doulle un sobresaliente ao libro.

Non foi un dos libros que mais me gustara polo feito de que non me enganchaba para ler, porque ao ser varios relatos acabábaos moi pronto.
ResponderEliminarÉ un libro rápido e fácil de ler e que é moi entretido. En si o libro gustoume bastante pero non tanto como esperaba