Comentario de Flor AgiónVento ferido
Carlos Casares
Galaxia
É un libro moi sinxelo de ler, que consta de doce relatos breves.
O tema central é a violencia e os seus personaxes son adolescentes.
Poderíamos resumilo como historias da vida cotiá, onde uns son vítimas e
outros verdugos.
Tamén trasmite un sentimento de tristeza e impotencia, porque moitas veces
as cousas que relatan son inxustas para os protagonistas.
Recomendo este libro, porque está escrito nunha linguaxe sinxela e porque
os seus relatos son moi reais e fante reflexionar, xa que nos poden pasar a
calquera de nós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario