Comentario de Ana CastroResistencia
Rosa Aneiros
Xerais
Esta novela de Rosa Aneiros
representa unha fermosa historia de amor baseada no sufrimento. Un sufrimento
marcado pola loita continua entre os protagonistas, xa que a pesar de ser de
distinta clase social apostaron pola súa historia dende o seu comezo.
Unha historia ambientada na
represión existente en Portugal e marcada por continuas reivindicacións. O que
nos leva a pensar que todo o que desexes pódese conseguir a través de grandes
esforzos. Uns esforzos que seguen as pegadas da ilusión pero sobre todo uns
esforzos que marcan a diferenza entre os soños e a realidade.
Persoalmente, recomendo este
libro a toda a xente que lle guste ler e gustaríame dicirlle que non se fien
polas apariencias xa que estas enganan. Este libro a simple vista pode parecer
excesivamente longo pero non é así, porque unha vez que o comezas a ler non
es capaz de parar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario