16/06/13

Noite de voraces sombras

Comentario de Lucrecia Blanco


Noite de voraces sombras
Agustín Fernández Paz
Xerais








Este libro escandiloume, foi o primeiro libro que me fixo sentir tantas emocións e sentimentos. Trata sobre o amor e desamor que lle ocorreu a avoa de Sara na Guerra Civil. É moi emocionante e fermoso saber como dúas persoas tiveron que cambiar toda a súa vida soamente para poder estar xuntos. Este libro é moi doado de ler, namoreime del, é un libro que capta á perfección a forma de ser e de impresionar a unha muller con tan fermosas palabras e cartas, ocorreu todo tan rápido, dun día a outro  o seu mozo estaba loitando pola humanidade e sobre todo por ela, por poder vela outra vez. O seu mozo tivo que marchar á Guerra Civil, a partir dese momento todo empezou a cambiar, xa non había forma de comunicarse, xa que a meirande parte das cartas escritas non chegaban ao seu destino, a única carta que chegou foi para dicirlle que o seu mozo morrera, o seu final é moi tráxico e triste, no que case choro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario