Comentario de María LamazaresHora zulú
Santiago Lopo
Galaxia
A min esta novela gustoume moito xa que comezou deixándome
intrigada por ter máis información sobre
aquel náufrago.
Foi un libro que me
foi gustando cada vez máis, deixándome sorprendida cando a hora se paraba nas
4:15 e curiosidade por seguir descubrindo que historias sucederían en cada un
dos 5 relatos.
Para min a mellor foi a historio do Mastín, e tamén aquela
bonita historia amorosa entre os dous psiquiatras Francisco e Ana.
O último relato tamén está ben xa que
conta a súa historia como profesor da universidade e o seu control sobre
os reloxos. Neste quinto relato puiden asociar uns cos outros xa que aparecen
personaxes dos anteriores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario