Comentario de Andrés SeoaneÁs veces quero morrer coa risa
Birgit Schlieper, Nina Stahl
Galaxia
En primeiro lugar foi un libro que me sorprendeu moito porque xa na súa
primeira páxina se desvelaba o final do pobre rapaz, quen
estaría destinado a morrer aos seus 16 anos dun cancro, tendo unha vida longa
por diante.
O temas principais do libro son a morte e o cancro, o título non se
identifica moito co libro porque de risa non hai
practicamente ningunha parte.
O libro está moi ben porque nos conta o día a día de nenos con cancro
no hospital e os diversos conflitos que van xurdindo, e tamén nos fala sobre a marxinación da sociedade cara a estes nenos e
isto faite reflexionar e pensar de que ti poderías estar no seu lugar.
É un libro moi triste que tamén trata sobre o amor, pero este amor queda
cortado pola morte, e os personaxes están practicamente todos os días sufrindo algo que trasmite dor e pena.
A pesar disto o libro gustoume porque daste de conta da situación tan
dolorosa que sofren estes nenos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario