Comentario de Antía IglesiasA esmorga
Eduardo Blanco Amor
Galaxia
Lin este
libro haberá xa dúas semanas, pero algúns dos seus acontecementos máis repulsivos
seguen vixentes na miña cabeza. Non entendo cal é o gusto que sente un home ao
violar unha muller, todo o dano que lle fai e as consecuencias que pode traer. Cando
estaba a ler esta parte, sabía que tiña que seguir para rematar o libro, pero
non evitaba pensar en mulleres que nos seus días teñen aparecido en noticias.
Cibrán comeza a contarlle ao xuíz todo o que
fixeron el máis os seus amigos cando andaban de "esmorga". O coraxe
que sentiron cando souberon que a moza fermosa do pazo era unha boneca, xa que
eles ian a busca dunha muller de verdade que non fose unha prostituta. Cando
lle prenderon lume ao pazo dun pariente dun dos amigos de Cibrán e como estes acabaron
morrendo despois de cometer tantas desgrazas.
Foi un relato moi entretido, gústanme as
novelas dunha soa historia, pero, que á vez narren varias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario