02/04/13

Cultivos transxénicos

Comentario de Martina Domínguez


Cultivos transxénicos
Carlos Negro





A apariencia deste libro provocou en min velo como algo que ía ser ameno, divertido e entretido e non foi errónea a miña primeira impresión.
O único que me botaba para atrás á hora de lelo era que a min non é que me encante a poesía, pero unha vez lin as primeiras páxinas remateino do tirón. 
Cultivos tranxénicos comeza cunha entrevista que para o meu gusto ten respostas moi realistas e acertadas. De feito foi esta a parte que máis me gustou do libro. Despois segue cuns poemas que falan dos pobos galegos a día de hoxe e no que se están a converter.
Os poemas tamén me gustaron moito.
E ben, finalmente dicir que desfrutei del, polo que é un libro que recomendo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario