19/03/13

Contos e poemas para un mes calquera

Comentario de Uxía Mosquera Castro


Contos e poemas para un mes calquera
Antonio García Teijeiro
Jordi Sierra i Fabra
Oxford




Agradoume a idea dos dous escritores de xuntar os poemas e os contos nun mesmo libro. Cada poema ten a súa historia e o conto vai con esa historia.
Gustáronme moito máis os contos, porque os entendo mellor e me foron máis fáciles de ler. Son curtiños, teñen unha linguaxe sinxela e tamén teñen moita imaxinación. Os temas máis importantes son moi variados: a importancia das cousas máis sinxelas, a cor da pel , a confianza, ver o mundo dunha maneira mellor da que temos en realidade...
Son moi bonitas tamén as ilustracións que aparecen cos poemas. En resumo, gustoume moito e lino rápido porque pareceume moi entretido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario