Comentario de Laura Presas MatoO cazador de estrelas
Ricardo Gómez
Edelvives
O libro conta a historia da vida dos saharauis nun campamento de refuxiados,
e en especial a de Bachir, un rapaz que ten un problema respiratorio.
Non é que
fose moito do meu agrado a historia deste libro, a verdade, entristeceume
bastante pensar que as persoas aquí vivimos con tanto, e alá con un nada son
felices. O descubrir que Bachir era un personaxe real xa foi a gota que colmou
o vaso; como un rapaz pode sufrir semellante cousa?
Polo demais do libro,
decepcionoume que tivese un final aberto, deixa ó lector con moitas cuestións
sen resolver, desexaría saber se Bachir ó final se recuperou ou non, que foi de
Jamida...
Recoméndollo a moita xente, porque nos di como se sobrevive no
deserto, sen auga, coa calor que hai, con poucas cousas que se necesitan para
vivir..
Foi un libro que me resultou dificultoso de ler, polo seu vocabulario. Tamén os nomes son difíciles de lembrar.
ResponderEliminarGústanme os libros con máis acción