Cochos
Vidal Bolaño
Sotelo Blanco
Neste libro aconteceume unha desas cousas máxicas que pasan cando les un libro sen saber do que trata antes de comezar.
Ao principio non o entendía moi ben, pero a medida que fun avanzando foime resultando máis doado e incriblemente entretido, cousa que me parecía estraña, xa que normalmente as obras de teatro son máis complexas á hora de lelas.
Fóra de me resultar complicado, eu creo que o vocabulario empregado por Sebas foi o que espertou en min esa sensación de maxia, xa que me recorda en especial a unha persoa que empregaba o mesmo tipo de linguaxe. En canto ao contido, divertinme moito cos monólogos de Sebas ante Rosiña, pero tamén me decatei das duras condicións de vida dos emigrantes.
O que menos me gustou do libro é a actitude machista de Sebas, xa que di que se atopaba á muller con outro mataríaa alí mesmo, e que el xa tivera "ido de putas" máis dunha vez, e mesmo tido unha aventura e que non pasaba nada; tamén me desagradaba a súa actitude racista ante o negro co que se fora unha querida que tivera na Coruña.
Polo demais, pareceume un libbro bastante entretido, e admiro a valentía de Sebas ao final, eu non sería quen de facer o que fixo el.
Ningún comentario:
Publicar un comentario