19/12/12

Cochos

Comentario de Manuel de la Torre 


Cochos
Vidal Bolaño
Sotelo Blanco





É un libro interesante pero un pouco difícil nalgunhas partes xa que ten anacos escritos en alemán. 
Ao principio producíame sensacións contraditorias porque cada vez fala unha persoa diferente e polo medio aparecen os avisos megafónicos en alemán e perdinme un pouco.

O tema basábase nun emigrante en Europa no ano 1968 que vai a Alemaña pero non consegue integrarse. Nas vacacións de verán volve ao seu lugar e cando vai volver outra vez para Alemaña, non o deixan levar a cría dun porquiño. Esataba sometido a unha gran presión, o que fai que ao final, teña que matar a Rosiña.
Gustoume o libro e recoméndollo á xente que lle gustan as obras teatrais, esta é moi interesante.

1 comentario:

  1. Foi moi difícil entendelo, mais a medida que ía achegándome á metade do libro fóiseme facendo mais fácil entendelo. Só podo dicir que a historia non me agradou, xa que non é o xenero de libro que leo.

    ResponderEliminar