Comentario de Antonio
Guimaraes de Sousa Dragal. A herdanza do dragón
Elena Gallego Abad
Xerais
Gustoume moito este libro porque trata da historia dun dragón, tamén porque os seus personaxes principais son da miña idade e entendín mellor de que ía. Unha das partes que non me gustou foi cando perdeu ao seu pai e tivo que voltar a terra natal dos seus pai, en Galicia.
O libro encantoume porque é de moito misterio, intriga e de fantasía; intrigoume dende a primeira páxina ata a última, tamén trata de tristeza, amor e de misterio cousa que me gustou, gustaría meler a súa segunda parte.
Outra das cousas que non entendín foi porque o párroco don Xurxo puxera unha denuncia de roubo cando sabía perfectamente que os que estaban nas catacumbas eran Hadrián e Mónica e o que menos me gustou foi que Hadrián terminase convertido nun dragón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario