24/04/10

A praia dos afogados

Comentario de Raquel Pires dos Santos


A praia dos afogados
Domingo Villar
Galaxia

Este libro foi o que máis me gustou de todos os que lin. Pareceume moi interesante e entretido, era fácil de entender e a historia seguíase ben.
O tema gustoume, sobre todo cando pensaban que o capitán estaba vivo e era unha pantasma.
O personaxe que máis me gustou foi Estévez porque unhas veces parecía inxenuo, outras violento e algunhas veces parecía parvo. Tamén me gustou cando xogaban con qeun era o asasino porque cada vez que tiñan un sospeitoso non o era.
Creo que a historia está moi ben construída, por como se relacionaban unhas personaxes con outras, que case todos tiñan que ver algo entre si.
En xeral, gustoume moito, moito.

1 comentario:

  1. Ana Tamara Álvarez Álvarez24 de maio de 2010, 23:42

    O libro gustoume. Aínda que... quen é Alba?

    ResponderEliminar