Comentario de
Ainara García DovalUn casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo BlancoA historia que se narra neste libro gustoume sobre todo porque tenta reflectir as ideas dun rapaz que se rebela contra a forma de vida que seus pais lle pretenden impoñer, e el decide optar por un futuro no que poida tomar as súas propias decisións, a pesar de que isto lle depare a xenreira e o odio de toda a sáu familia.
Na historia preséntanse tanto os pais coma os seus irmáns coma uns fanáticos da c

ultura e da tradición punxabis. Dentro destas ideas, caracterízanse tamén por teren pensamentos racistas, fascistas e desprezativos cara a outras culturas; por viviren nunha sociedade retrógrada que defende o papel inferior da muller, a hipocrisía dos seus membros (xa que acusan as persoas doutras razas de sern a orixe dos problemas sociais, mentre que dentro da súa cultura abárcase dende a prostitución e as drogas ata a infidelidade nalgúns matrimonios) e o emprego da violencia contra so propios membros dunha mesma familia co pretexto de difundir disciplina.
Tamén se presentan cunha mentalidade primitiva e retrógrada, -por exemplo, defendendo a continuacións da existencia dunha sociedade de castas, na que se trata con inferioridade aos membros de castas máis baixas; a distinción e separación de homes e mulleres en todas as tarefas da vida cotiá; a prohibición de mencionar temas tabú coma o sexo; a valoración sobre todo de cousas materiais que teñen algúns dos individuos de maior idade; a maneira superficial de ver as cousas e de se preocuparen das opinións alleas...-.
Unhas das cousas que máis de gustou da historia é que a pesar das chantaxes emocionais que levaba a cabo a súa nai, Majit ao final acaba por se decidir a levar as rendas do seu propio futuro, aínda que para isto vaia quedar apartado da súa familia para sempre, posto que tome as decisións que tome -sexan axeitadas ou non- polo menos será el mesmo quen asuma a responsabilidade dos seus actos.