27/02/09

Con Riveiro Coello

Hoxe foi un día absolutamente especial porque tivemos a excepcional ocasión de compartir as nosas lecturas cun home que se fai querer e admirar non só por como escribe senón por como é. Dende as 12,30 que chegou ao noso instituto até as 20,30 (si, ledes ben) que marchou, a nosa admiración por el foi en aumento.
Primeiro encontrouse co alumnado de 4º de ESO que lera Homónima, e logo co de 1º de Bacharelato que lera Os ollos de K; e pola tarde -despois dun bo cocido lalinense- club de lectura para falar d' As Rulas de Bakunin. Un día produtivo e especial.



5 comentarios:

  1. En canto á visita do autor, pareceume un home simpatiquísimo

    ResponderEliminar
  2. Foi unha visita de forma inesperada xa que eu non esperaba que fose tan encantador xa que entretía o público non o aburría como fan algúns dos escritos.
    Saudos
    Adrián

    ResponderEliminar
  3. Fíxose unha hora moi curtiña, na que non chegou o tempo a nada para poder escoitar a este señor. Encantoume o sue xeito de falar e de contar as cousas. Tamén nos rimos moito coas súas fazañas.

    ResponderEliminar
  4. Un escritor excepcional e unha persoa encantadora

    ResponderEliminar
  5. Eu creo que o de simpático se queda curto.
    Falounos coma se o coñeceramos de toda a vida, e iso agradécese, sobretodo nunha persoa que ven dar unha charla, q dito así soa a algo serio, serio.
    Gustoume moito a cercanía coa que nos falou, e por suposto o ambiente que había.

    ResponderEliminar