tag:blogger.com,1999:blog-1775257698235577261.post1445548821235486999..comments2023-07-28T10:12:43.425+02:00Comments on As estelas dos ronseis: Masculino singularRonselhttp://www.blogger.com/profile/02495063995909170517noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-1775257698235577261.post-51698401525378806752016-04-30T11:32:23.908+02:002016-04-30T11:32:23.908+02:00“Masculino Singular” de Carlos Negro fainos pensar...“Masculino Singular” de Carlos Negro fainos pensar sobre o machismo, que hoxe en día aínda existe e segue acabando con moitas vidas e mulleres maltratadas.

Esta obra, a pesares de que é curta, consta de nove pequenos capítulos e con varios caligramas. Cada título ten a súa temática pero sempre baseadas no tema do machismo e dos estereotipos.

Por un lado reflicte moi ben nos seus poemas a crítica co machismo e con roles preconcibidos. “Non lle poñas adxectivos aos desexos”. Por outro lado, mostra como se sente feminista. Ao principio di o que non son, o que non teño, o que non quero, o que fixen, o que quixen, o que por sorte non son.... De todas elas, eu quédome coa frase “por sorte non son o lobo con pel de cordeiro”.

A min chocoume moito ver as frases de caligrafía dos Cadernos Rubio coa figura do pai como modelo e como xustificación de determinados comportamentos “Meu pai non manca meu pai aloumiña”. Eu pregunto, son cadernos didácticos?

Eu creo que esta sociedade machista, entre os mesmos varóns, existe unha represión para pórse patróns de comportamento e de pensamento entre eles mesmos para así ser ben vistos na comunidade masculina. O cambio supón un esforzo pero o que temos que ter en conta é que hai que educar na igualdade pero saber sempre respetar as diferenzas.

Esta obra é moi fácil de ler e coa axuda dos caligramas, fai que sexa máis entretida. Recoméndoa.MAría Rodrígueznoreply@blogger.com