Comentario de David
González Sampayo
O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais
Esta historia de Ledicia Costas gustoume moito, mantívome enganchado e
intrigado ata o último punto. Durante a historia o meu corpo cambiaba de estado
continuamente. Segundo o capítulo que lía o meu corpo sentía alegría, tristura,
impotencia...
O asunto que plantea Ledicia é algo totalmente relacionable co mundo real.
Tamén me ensinou a a saber escoitar aos amigos como é o caso de Isla, que non
escoita ás opinións da súa amiga Mar sobre as relacións a través de Internet e
finalmente acaba como acaba.
Cando Isla muda cara á Rexión está insegura porque terá que facer novos
amigos e non sabe como a recibirán e finalmente Mar é a súa salvación, unha luz
ao final do túnel.
O personaxe Marcos Carballo fíxome sentir moi impotente de non poder
facerlle sentir o que el lle facía a Isla. Era un auténtico inmaduro que non
paraba de acosar a Isla e tan só por envexa
O personaxe que máis me gustou e co que máis identificado me sentín foi con
Anxo , xa que eu nun caso parecido a este tamén actuaría da forma na que el o
fixo. É un adolescente que nunca se rende e ao longo da historia, nunca dá por
mortas as posibilidades de ser mozo de Isla, da que estaba namoradísimo.
O desenlace da historia non foi o que esperaba pero tamén o esperaba a
medida que transcurría a historia. Primeiro cría que o final sería estilo
"e foron feices e comeron perdices" pero cando quedas para ver a
alguén nun sitio escuro e abandonado a cousa non pinta moi ben.