Comentario de
María Eugenia Gil Pallares
Silencio no corazón
Jaume CelaGalaxia
Silencio no corazón. Silencio que
non podemos evitar cando pasan tantas desgrazas en tan pouco tempo. Silencio
que Xoán non pode evitar despois de vivir na guerra civil, de que intenten
matar ao párroco, de que o seu tío Bernado, o seu ídolo, vaia á guerra e el
saiba que nunca vai volver a pesar das moitas promesas. Despois de que a súa
“historia con minúscula” se rompa por culpa da “Historia con maiúscula”, e desta mesma “Historia con maiúscula” se leve á súa irmá. Libro cheo de
desgrazas, si; pero iso non lle quita a beleza. E queiramos ou non, esa
“Historia” tamén nos afectou á nosa “historia” dunha maneira ou doutra. Para
min ten un 8,5.